Noite branca no teatro, na programación infantil do Fiot

  • Aberto o prazo de inscrición para poder participar.

A Noite branca no teatro diríxese, fundamentalmente, a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos de idade. A actividade celebrarase entre as 19.30 horas do venres 27 e as 11.00 horas do sábado 28, polo que a cea, a noite nos sacos de durmir e o almorzo da mañá seguinte formarán parte dunha aventura chea de xogos, sorpresas e, sobre todo, moito teatro. Durante este campamento, as e os participantes achegaranse ao mundo do espectáculo e aos seus segredos, coñecerán como é a escena por dentro e participarán en divertidos obradoiros ateigados de maxia sobre as táboas.

O prazo de inscrición está aberto até o mércores 25 de setembro e as solicitudes poderanse entregar no Pazo da Cultura ou no enderezo electrónico fiot@fiot.gal. En total, o campamento teatral que organiza a Asociación Cultural Telón e Aparte contará cun total de 25 prazas, e o prezo por participante é de 20 euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha