‘Noite de petróglifos’ en Vimianzo


O Concello de Vimianzo impulsou unha das actividades máis bonitas do ano, a ‘Noite de petróglifos’, que tivo lugar este venres 23 de setembro. 

Tratouse dunha andaina circular de 4,4 quilómetros con saída e chegada na praza do Concello, e contou con guías de excepción, como David Roget e varios membros do colectivo A Rula. A luz das lanternas permitiu ver os gravados con todo luxo de detalles.

Visitáronse o Petróglifo de Somontemio, a Cruz do Loureiro e os Petróglifos do Prado da Cruz.