‘Noites do Porto’ | Ciclo de concertos no peirao coruñés en outubro

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou nas instalacións da Lonxa a segunda edición do ciclo de concertos «Noites do Porto», que se realizará no mes de outubro en dous escenarios, o peirao de Batería e a Sala Garufa. No acto estivo presente tamén o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor.

A iniciativa musical conta con apoio da Xunta e terá lugar do 20 ao 23 de outubro. Este ano incorpora a artistas de ámbito internacional, aos que se sumarán novos nomes nas próximas semanas.

Ademais, o evento ampliará o seu número de xornadas de directos: en total serán catro xornadas seguidas de concertos as que se poderán gozar no peirao de Batería, no espazo portuario aberto para o uso dos coruñeses, e que se completará cunha programación expandida que terá lugar nas noites do 19 e 26 de outubro en salas de concertos da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha