40
- A iniciativa impartirase durante este segundo trimestre escolar entre o alumnado de 3º e 4º da ESO
A asociación antidroga Vieiro, dentro da súa programación preventiva no ámbito escolar, iniciou nos institutos de secundaria do municipio de Carballo o programa «Non pasa nada, pasa algo?», unha iniciativa dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO para previr condutas aditivas.
A través dunha información clara e realista dos efectos e consecuencias do consumo de drogas, a asociación tratará de expoñer os problemas físicos, psíquicos, sociais e legais que se incrementan co uso destas sustancias.
Dalila Vizcaíno Regueira será a encargada de conducir este programa durante o segundo trimestre do curso escolar 2020-2021. As sesións teñen unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha.