Norgalicia Formigón compra catro parcelas no polígono de Vimianzo

1 minutes read

A xerente da Sociedade Estatal “Suelo Empresarial del Atlántico, SEA”, Beatriz Sestayo, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, informaron este xoves da futura instalación no polígono da localidade da empresa Norgalicia Formigón S.L., que resultou adxudicataria esta semana de catro parcelas que suman 4.773’89 metros cadrados.

A empresa ten previsto poder inaugurar a súa nova planta nun prazo aproximado de ano e medio, coa previsión tamén de poder incrementar así a súa actividade actual. Desde a compañía destácanse as condicións óptimas do polígono para o desenvolvemento da súa actividade e as opcións ofrecidas desde SEA.

Beatriz Sestayo, manifestou a súa satisfacción por lograr sumar empresas e novo emprego ao polígono empresarial e confía en anunciar novos acordos próximamente.

Con este obxectivo, periódicamente e coa colaboración do Concello de Vimianzo, desenvólvense reunións coas distintas empresas interesadas (a última no propio Concello en maio) para informar de forma directa sobre as boas condicións do polígono para a súa instalación.