Normalidade na vacinación das persoas maiores de 80 anos

O Sergas comezou este luns a inmunización do groso das máis de 230.000 persoas maiores de 80 anos que non viven en residencias, tras a proba piloto do pasado venres. Este grupo de idade está considerado un dos colectivos prioritarios para recibiren a vacina fronte á covid-19.

Segundo as previsións do Servizo Galego de Saúde, o proceso, que se leva a cabo só con doses de Pfizer, rematará a principios do mes de maio. Sempre e cando, matizan as autoridades, non se produzan imprevistos cos envíos.

Hai 400 puntos de vacinación establecidos en toda Galicia. Porén, en caso de teren problemas de mobilidade, o persoal sanitario pode desprazarse ata os domicilios particulares de toda a xente que o precise.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha