Normalízase a subministración de auga a Santiago

A Xunta, Concello de Santiago e a concesionaria do servizo municipal da auga traballaron na fin de semana para solucionar a situación derivada do vertido de xurros desde unha granxa que afectou ao río Tambre.

As analíticas realizadas este domingo confirman que a situación evoluciona favorablemente, a calidade das augas mellora e se cumpren os parámetros de potabilidade, estimándose que o pico do foco contaminante foi superado.

Desde o primeiro momento, Augas de Galicia vén facendo un seguimento continuo do vertido en orixe e colaborando, en todo momento, co Concello de Santiago e cos técnicos da empresa concesionaria do servizo municipal da auga.

Segundo confirma o Concello de Santiago, a potabilizadora está a subministrar auga con normalidade, aínda que con algún problema de turbidez derivado dos traballos realizados para manter o servizo á poboación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha