- Dentro do proxecto Todas Nós, diferentes mulleres da comarca poñen en común os seus perfís profesionais e inquedanzas.
A comunidade de mulleres profesionais e emprendedoras Todas Nós saltaba ás redes sociais no mes de marzo para crear un grupo diverso de mulleres da Costa da Morte para apoiarse profesionalmente. O que comezou como un reto fai un meses agora é unha realidade máis consolidada con 73 integrantes e cun obxectivo claro: materializar a necesidade de igualdade de oportunidades e promover a visibilización do papel fundamental que teñen as mulleres no desenvolvemento do medio rural.
Para afianzar máis esa unidade de grupo, desde Nós Igualdade, a consultora especializada en proxectos de igualdad de xénero que está detrás de Todas Nós, convocan o primeiro evento presencial das emprendedoras da Costa da Morte. Terá lugar o próximo 25 de setembro no restaurante Cuatro Perras de Corcubión. A xuntanza celebrarase de 10:30 a 12:30 horas, dúas horas nas que diferentes profesionais da comarca se coñecerán e compartirán experiencias e inquedanzas.
Para participar é necesario inscribirse previamente no directorio de Todas Nós.