37
Nos próximos días comezará a recollida de plasma nos principais hospitais de Galicia. A Axencia de Doazón encárgase de coordinala e de establecer protocolos. Ademais de pasaren a enfermidade, as persoas doadoras deberán cumprir cunha serie de requisitos.
O plasma de persoas convalecentes tense utilizado con éxito para previr ou tratar outras doenzas víricas. Pero non existen evidencias científicas dos seus beneficios no caso do coronavirus.
A doazón de plasma é un acto voluntario e altruísta que podería abrir a porta a unha recuperación máis precoz das persoas afectadas. O que se busca é evitar o agravamento da enfermidade para poder diminuír os ingresos na UCI.