“Nos” sempre Xocaloma


Cada vez que un ten o gusto ou a oportunidade de repetir momentos de reencontros, “iso é volver a vivir”…

É o que acaba de facer de novo o grupo folk carballés Xocaloma, aínda que nunca se separaron, agora volveron a xuntarse para ensaiar, mostra diso e o vídeo que aquí lles ofrecemos en exclusiva e cuxa finalidade non é outra que difundir o traballo desinteresado deste grupo de “rapaces e rapazas” pensando en ofrecer a súa mellor versión coma se de outrora se tratara, pero agora, concretamente o 11 de maio con motivo dunha ocasión moi especial, a celebración dun acto máis, conmemorativo do 160 aniversario do nacemento de D. Alfredo Brañas e que terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo coa tamén participación do cantautor Miro Casabella.

Sen dúbida soará “Lela” a canción baseada no poema de D. Daniel Castelao e que Xocaloma foi o primeiro grupo galego en gravala no ano 1.983, incluída no seu terceiro disco de estudo titulado “Nos”.

Ensaio do grupo folk Xocaloma interpretando “Lela”