Notifican polo BOE a veciños de Ponteceso afectados pola regulación da xestión da biomasa

0 minutes read

O Boletín Oficial do Estado (BOE) do 26 de novembro publicou unha notificación colectiva para a xestión da biomasa cunha relación de titulares aos que non se puido localizar por outros medios.

No anuncio establécese un prazo de 15 días naturais, que empezan a contar dende o 27 de novembro, para que as persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan procedan á xestión da biomasa.

O expediente administrativo completo pode consultarse nas oficinas xerais do Concello de Ponteceso de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.