A Asociación Xuvenil Comarea levou a cabo esta fin de semana unha nova recollida de lixo, neste caso na Praia de Espiñeirido, do Coído da cetárea, e tamén de xeito improvisado, unha gran cantidade de plásticos pequenos e algún que outro grande do río da Praia da Cruz, na zona da ponte. En total máis de 20 sacos de 100 litros, sobre 15 de 30 litros, varios aparellos e outros obxectos grandes. Dende a Asociación afirmaron quedar moi contentos por acadar un grupo de xente que foi crecendo ata as 19 persoas. Agradecen a participación afirmando que o bonito, máis alá de liberar ó mar da contaminación humana, é xuntarse para coidar o lugar de forma colectiva.