O mércores da próxima semana, día 15 de abril, comezará a impartirse na Laracha a nova acción formativa para persoas desempregadas (AFD) centrada na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. A iniciativa ponse en marcha en colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
O horario lectivo será de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas, sempre nunha aula homologada do Edificio Administrativo da Laracha. A duración do curso será de cinco meses, con finalización prevista o 15 de setembro.
O plan formativo constará dun total de 528 horas. Incluirá prácticas en empresas e tamén dereito a bolsa de estudos para os participantes. Os alumnos que finalicen o programa con éxito recibirán o certificado de profesionalidade que acreditará a formación cualificada completa na materia obxecto da formación.
Tralo procedemento de selección do alumnado quedan aínda tres prazas vacantes. Poden optar a elas as persoas que se atopen en situación de desemprego e que teñan, canda menos, o graduado en ESO, competencia clave ou equivalente. As persoas que estean interesadas deben contactar co departamento municipal de Emprego acudindo ao Edificio Administrativo da Laracha, chamando ao 981612811 ou enviando un correo electrónico a emprego@alaracha.es indicando o seu número de teléfono.