Nova agresión con arma branca en Santiago en poucos días

1 minutes read

Un mozo de 17 anos permanece ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) no Hospital Clínico de Santiago tras ser acoitelado a madrugada deste domingo na capital galega diante da discoteca Vanitas, no Ensanche da capital. Segundo informou o 061, a central recibiu unha alerta por ferida de arma branca ao redor das 05.15 horas na Rúa Nova de Abaixo. Ao lugar enviouse unha ambulancia asistencial de SVA de Urxencias Sanitarias-061 que trasladou ao mozo ao Hospital Clínico de Santiago. A vítima, residente en Compostela, recibiu unha puñalada de 3 centímetros de profundidade que obrigou a unha urxente intervención cirúrxica coa extirpación do bazo. Tras contar con varias testemuñas, a policía procedeu a deter un mozo de 23 anos residente en Bertamiráns como presunto agresor do menor.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?