Nova alerta pola detección de listeriose en carne mechada da marca Sabores de Paterna

1 minutes read
  • A alerta sanitaria aínda non se concretou xa que non aínda ningún caso de listeriose

Este venres a Junta de Andalucía declarou preto das 13:00 horas unha nova alerta alimentaria por listeriose ao achar bacterias en carne mechada de marca Sabores de Paterna, na provincia de Cádiz.

O conselleiro de Saúde, Jesús Aguirre, manifestou nunha rolda de prensa que por agora non hai ningún caso detectado, aínda que desde o Ministerio de Saúde alertan de que se alguén ten produtos desa marca gaditana, cuxa fábrica xa foi precintada, que non os consuma. Ademais, todos os embutidos foron inmobilizados.

Saúde emitiu unha nova alerta á Axencia Española de Seguridade Alimentaria dado que lotes de carne serían distribuídos na comunidade de Madrid, aínda que os provedores desta empresa están localizados tamén en Málaga e Huelva.

Actualmente estase investigando se hai relación entre este brote de listeria e o de Magrudis.