Nova alerta por lume detrás da antiga sala A Revolta

Bomberos Carballo

Preto da unha da madrugada deste domingo un aviso poñía en alerta aos bombeiros do parque de Carballo por un lume na zona da Revolta. Localizado o punto, resultou tratarse dunha morea de lixo acumulada na explanada traseira da antiga discoteca do lugar, que ardía de xeito incontrolado e que os bombeiros tiveron que extinguilo empregando 2.500 litros de auga. Non ocasionou danos persoais, o lume non chegou a afectar nin a vexetación da contorna ni ao edificio. A Garda Civil desprazada ao punto instruíu dilixencias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha