Minutos antes das nove da noite deste martes unha alerta por lume mobilizaba á Policía Local, Protección Civil, unha ambulancia do 061 e bombeiros de Carballo, o motivo era que saía fume do interior da escola de Pallas, coñecida tamén como o antigo colexio Leus. Os veciños, que foron quenes avisaron en primeira instancia do lume e tamén viron a dúas persoas no seu interior, afirman estar cansos de alertar das reunións de mozos no patio e dentro do que queda deste colexio abandonado, pechado e máis controlado pola súa banda frontal, na rúa Álvarez de Sotomayor, pero facilmente accesible pola parte traseira que dá á rúa Gravador Manuel Facal. Unha vez máis reclaman medidas definitivas para acabar con este foco de inseguridade. Non houbo que lamentar danos persoais, pero si un considerable gasto no operativo de seguridade que durou case unha hora.
0