Nova boca eruptiva no volcán da Palma


Sobre as 3 da madrugada deste domingo xurdiu a nova boca que se abriu ao nordés do cono principal do volcán da Palma. Emite material pircoclástico e tamén achega máis material ás coadas de lava, segundo o Instituto Xeográfico Nacional. Isto supón un novo nivel de risco para novas propiedades, especialmente do barrio de La Laguna que poderían verse en perigo. Durante a madrugada do domingo rexistráronse máis dunha trintena de sismos na Palma varios deles por encima dos 3 graos de magnitude. A calidade do aire con estes parámetros é considerada extremadamente desfavorable tanto nos Llanos como nel Paso e Tazacorte, polo que se recomenda á poboación de risco evitar actividade na rúa e usar máscaras FFP2 ou de protección superior.