Nova campaña da DXT para previr atropelos nas estradas

1 minutes read

Tráfico comeza este luns unha campaña para prevención de atropelos nas estradas, os axentes repartirán 600 chalecos reflectores e intentarán concienciar peóns e condutores da importancia de facérense visibiles.

Galicia e unha das comunidades con máis accidentes deste tipo, o ano pasado, catorce persoas morreron atropeladas, nove en estradas convencionais e cinco en autovías.

A campaña desenvolverase durante varias semanas e coincide coa redución das horas de luz ao anoitecer máis cedo polo cambio de hora e a celebración de Todos os Santos, festividade na que se incrementa o número de peóns nalgunhas estradas.

A iniciativa tamén vai dirixida aos condutores. A DXT, lémbralles que deben moderar a velocidade en núcleos de poboación e travesías, levar as luces accesas en caso de meteoroloxía adversa e poñer o chaleco se saen do vehículo a vía.