Dende a Concellaría de Cultura de Carballo queren que, logo da Praza dos Libros, sigas lendo, e que aproveites as horas de luz natural desta época do ano para facelo ao aire libre.
Cunha invitación especial a compartir esos momentos de lectura nos espazos máis fermosos do Concello, como poden ser: o miradoiro de Santa Irene, a praia de Leira, aos pés da férveda de Rus, na área recreativa de Santa Lucía, na Ribeira da Pena, no Xardín, nunha terraza ou no Bosque do Añón… Calquera lugar é bo para mergullarse nas lecturas máis refrescantes.
Ademáis se o compartes publicando unha foto da túa lectura nas redes sociais coa etiqueta #lermola ou fáillela chegar a través do enderezo electrónico biblioteca@carballo.gal. As mellores imaxes terán agasallo e serán utilizadas para facer un mural na biblioteca.