Nova campaña de bolsas reutilizables para frear o plástico na zona vella de Santiago de Compostela

Pixabay

  • A Xunta, Compostela Monumental e Sogama distribuirán un total de 53.000

Este venres a Xunta de Galicia, Compostela Monumental (organización comercial e empresarial do centro histórico) e a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) presentaron a campaña ‘Recicla, Reduce e Reutiliza’, unha iniciativa coa que se pretende frear o consumo de bolsas de plástico non reutilizables no centro histórico de Santiago de Compostela.

A través do lema ‘Eu compro no centro histórico de Santiago de Compostela’, as entidades organizadoras distribuirán 53.000 bolsas de tamaño pequeno entre os comercios da zona vella da cidade, co fin de achegarse tamén ao propósito da Xunta de cara ao 2025, cuxo obxectivo é reducir un 80% o consumo de bolsas de plástico.

Na presentación interviñeron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o presidente de Compostela Monumental, José Manuel Bello Rey; e acompañoulles o presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente, Javier Domínguez Lino.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha