Nova campaña de doazón de sangue con cita previa en Carballo

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) regresa á Praza do Concello de Carballo os días 13 e 14 de agosto. Se queres amosar a túa solidariedade doando sangue achégate de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

As doazóns faranse con cita previa, que pode pedirse na propia unidade móbil ou no teléfono gratuíto 900 100 828.

ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia. Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha