Nova campaña de doazón de sangue con cita previa en Carballo


A unidade móbil a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) regresa a Carballo. Será este xoves día 7 eo venres día 8 en horario de 10 a 14 e de 16 a 21 horas. As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

As doazóns faranse con cita previa, que pode pedirse na propia unidade móbil ou no teléfono gratuíto 900 100 828.