Nova campaña de doazón de sangue en Carballo con cita previa

Foto.- jcv.

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) regresa a Carballo.

  • Xoves, 11 de xuño, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, na Praza do Concello.
  • Venres, 12 de xuño, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, na Praza do Concello.
  • Sábado, 13 de xuño, de 10.00 a 15:00 horas, na rúa Cervantes.

ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia.

As doazóns faranse con cita previa, que pode pedirse na propia unidade móbil ou no teléfono gratuíto 900 100 828.