Nova campaña de inspeccións de Sanidade vencellada ao Plan de hostalería segura

O vindeiro mes de outubro, comezará a nova Campaña de inspección para a mellora das medidas sanitarias na hostalería, que terá como obxectivo verificar o cumprimento das medidas recollidas no Novo Plan de Hostalería Segura.
Está previsto levar a cabo máis de 1.000 verificacións á semana, reforzando as inspeccións realizadas nos horarios de máis afluencia aos locais de hostalería e que, para elo, reforzarase o persoal adicado a este labor en torno ao 30%.
Seguindo o establecido no novo Plan de Hostalería Segura, Sanidade valorará a aplicación de medidas sanitarias adicionais que fomenten espazos máis seguros e que ofrezan todas as garantías. Entre outras, o cumprimento dos aforos permitidos, respectar as distancias de seguridade, a medición continua ou discontinua de CO2, a acreditación de cursos de formación básica ou avanzada, o tipo de máscara que se lle ofrece ao persoal, a existencia dun rexistro de clientes ou a posibilidade de ofertar probas diagnósticas aos traballadores.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha