Nova campaña de recollida de residuos especiais en Malpica

PIXABAY

  • Deberán estar visibles e nunha zona de fácil acceso antes das 9 da mañá.

O Concello de Malpica poñerá en marcha a próxima semana unha nova campaña de recollida de residuos especiais como aceites de cociña usados, graxas e manteigas, baterías, roupa, pequenos electrodomésticos, pilas e baterías, consumibles de impresoras ou lámpadas e tixolas, entre outros.

A empresa Collecting Oil será a encargada desta recollida porta a porta, polo que o material deberá estar visible e nun lugar accesible antes das nove da mañá.

O novo percorrido iniciarase o luns polas rúas Guardia Pardines, Areal ou Doctor Fleming. Máis información chamando ao 639 920 936 (dispoñible WhatsApp).

Related posts

O Concello de Ponteceso remata o arranxo dunha pista na parroquia de Pazos

O PSdeG de Zas homenaxeará a Isabel Suárez Amado, figura clave do movemento asociativo local

O Festival Escena Muller 2025 comezou en Dumbría coa inauguración da mostra fotográfica ‘Coreografías do facer’