A concellería de Servizos do Concello de Malpica continúa traballando para impulsar a reciclaxe dos residuos urbanos especiais lanzando unha nova ruta de recollida que comezará o vindeiro luns, 3 de xullo, ata o mércores 19 de xullo.
Unha recollida que se vén facendo durante anos e que está a ter moi boa acollida pola veciñanza de Malpica. Unha das novidades é que a empresa comezará a distribuír polos fogares un barrilete de balde para que as persoas poidan reciclar o aceite usado dunha forma máis sinxela.
Dende o próximo luns, 3 de xullo, ata o mércores, 19 de xullo, recolleranse porta a porta os seguintes residuos:
- Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas…
- Graxas e manteigas: animal, de roxóns…
- Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor…
- Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes…
- Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas…
- Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores…
- Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido…), só se solicita que estea limpo.
- Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas…
A continuación, relátanse as rutas que se farán cada un dos días:
LUNS 3 XULLO: Aviño, Cambre, Pedrosa- A Tremoa, Rabuceiras, A Raxeira, Brión, O Castro.
MARTES 4 XULLO: Feira Nova, Vilar, O Empalme, A Camposa, O Piñeiro, Rúa Santa
Catalina vivendas con números pares ata A Plaza.
MÉRCORES 5 DE XULLO: Rúa Forno Novo, Rúa Mouróns, Rúa Santa Filomena, Rúa Xaviña,
Canelas, Rúa Nova , Rúa Gaio, Praza Cruceiro, Rúa Costa, Rúa Boavista, Rúa Santa Catalina
vivendas números impares.
XOVES 6 DE XULLO: Zona Polígono Industrial, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa, Loroxo,
Algadán, Pozacas-Leduzo, Taraio, Cerqueda.
VENRES 7 DE XULLO: Pasacondia, Cortés, Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo,
Piñeiros, Rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza, Travesia I A Camuza A ,
Rúa Ventorrillo, Escorial.
LUNS 10 DE XULLO : Rúa Emilio González López, Areal, Praza Santa Lucía, Igrexa, Agros,
Praza Fonte Vella, Barreiro , Travesía Orxeira, Rúa Orxeira, Travesia 1 As Neves, Travesia 5
Río.
MARTES 11 DE XULLO: Rúa As Neves, Travesia 2 Río, Travesía 3 Neves, Travesia 5 Neves,
Rúa Neves B, Travesía 7 Río, Travesía 4 Río, Travesía 6 Río, Travesía 3 Río,Rúa Agra do Río,
Travesía 2 Río, Travesía 1 Río, Rúa Camiño do Río, Eduardo Vila Fano.
MÉRCORES 12 DE XULLO : Praza do Cruceiro, R/ Tío Paz, R/ San Ramón, Travesía 1 San
Ramon, Travesía 2 San Ramón, Atalaia, Altamira, R/ Ramona Criado, R/Mestra, R/Caldeirón, R/Eduardo Pondal, R/ Patria Galega, R/ Campo, R/Areal, R/Carreixo do Muiño, R/Antonio Montero, R/ Praia.
XOVES 13 DE XULLO: R/ Guardia Pardines, R/ Areal, R/Doctor Fleming, Canido, R/A Camuza C, Estrada DP4307 dende Malpica ata o desvío hacia Santiso, Travesia 2 A Camuza, Travesia 3 A Camuza, A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña, Camiño da Vist, R/ Agra de Lucas, R/ Arnado.
VENRES 14 DE XULLO: Estrada DP 4307 dende o desvío hacia Santiso ata Beo, Estrada DP4305 hacia Santiso, Santiso, Pontella, Cova, Castiñeiro, Sorrio, A Fonte Dorta, O Petón, R/ A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira, Estrada Santo Hadrian.
LUNS 17 DE XULLO: Beo, Vigo, Estrada DP4307 dende Beo ata Seiruga, Seiruga.
MARTES 18 DE XULLO : Campelo, Barizo, Porto de Barizo, Avd. Agra de Lamas, Porto do
Fondo, As Casas Novas, Mens.
MÉRCORES 19 DE XULLO : Mens, O Miñon, Asalo, Bocelo, Badarra.
A empresa RGR Sostenible, S.L. será a encargada de realizar este traballo. O día da recollida, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9.00 horas. Podes contactar coa empresa a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp).