A asociación Vieiro organiza unha nova campaña na que participan todos os concellos da comarca de Bergantiños con motivo do Día Internacional da loita contra o tráfico ilícito e abuso de drogas, que se celebra este luns, 26 de xuño. O obxectivo da campaña é concienciar sobre a importancia de tratar ás persoas que consomen drogas con respecto e empatía; proporcionar prestación de servizos de atención e de base empírica para todos; ofrecer alternativas ao castigo; dar prioridade á prevención, e liderar con compaixón, tal como indican desde Vieiro. Para conmemorar este día a asociación Vieiro trasladou a invitación a todos os concellos da comarca de Bergantiños para sumarse a esta iniciativa. Así, ata o luns 26, todos eles ilumínanse de forma conxunta de cor verde, que é a cor corporativa da entidade, para celebrar deste xeito o Día Internacional da loita contra o tráfico ilícito e abuso de drogas.
44