Nova campaña de vixilancia de camións e autobuses nas estradas


A Dirección Xeral de Tráfico comezou este luns unha campaña especial de vixilancia de camións e autobuses nas estradas de Galicia, que se desenvolverá ata o 18 de outubro, segundo informa a Delegación do Goberno. Ao longo da semana, os axentes da agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis sobre este tipo de vehículos nas estradas galegas, contando coa colaboración das policías locais. A campaña fará especial incidencia en verificar aspectos como as condicións técnicas e os elementos de seguridade do vehículo. O motivo desta campaña, indica a Delegación do Goberno, é que, o transporte de mercadorías (camións e furgonetas) que representa o segundo tipo de vehículo máis numeroso que circula polas estradas españolas (14 % do total do parque) e están implicados no 17 % dos accidentes con vítimas ocorridos no ano 2018.