Nova campaña do Concello da Laracha para eliminar os plumachos

Concello de A Laracha

  • Por outra banda, tamén se formalizou o contrato para a reforma integral da rúa Silverio Moreda

O Concello da Laracha pide a colaboración da veciñanza para eliminar os plumachos, unha especie botánica invasora procedente de Suramérica que se estende con facilidade polas zonas próximas á costa galega. Ao igual que o ano pasado, as cuadrillas municipais ambientais actuarán durante os próximos días tanto en zonas de dominio público como en terreos privados (sempre con autorización) para frear a invasión desta planta.

Reforma integral da rúa Silverio Moreda

Por outra banda, este xoves o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o responsable da empresa carballesa Vázquez y Reino, Diego Vázquez, formalizaron o contrato para realizar unha transformación da céntrica rúa Silverio Moreda. Con esta actuación, valorada en 85.500 euros, o Concello pretende mellorar a circulación establecendo un sentido único con entrada pola Avenida Fisterra e saída pola Avenida de Caión.

O proxecto da obra contempla a ampliación das beirarrúas, melloras na accesibilidade e na iluminación pública e a completa sinalización horizontal e vertical en toda a rúa.