Nova campaña para impulsar a reciclaxe de envases de vidro na hostalaría carballesa

A hostalería xera, aproximadamente, o 50% dos envases de vidro dun só uso, por elo, o Concello de Carballo pon en marcha unha campaña para impulsar a reciclaxe de envases de vidro en 200 establecementos hostaleiros. A través de visitas personalizadas, lembrarase aos establecementos a obrigatoriedade de separar estes envases, en liña co cumprimento da ordenanza municipal vixente. Dende este mércores e durante as próximas semanas, o equipo de educadores ambientais realizará enquisas e entrevistas aos 200 hostaleiros/as para coñecer de primeira man cales son as súas necesidades e poder adecuar os recursos existentes. Ademais, ofrecerán información detallada aos locais de como reciclar correctamente e das vantaxes sociais, económicas e ambientais que ten a reciclaxe de envases de vidro. Para levar adiante esta iniciativa, poñerase en marcha un traballo de campo para reforzar o coñecemento da normativa actual en materia de reciclaxe de envases de vidro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha