Nova convocatoria de axudas para a compra de vehículos eficientes para as policías locais

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia publicou o anuncio da segunda convocatoria de axudas aos concellos galegos para a compra de vehículos eléctricos ou híbridos polo sistema de rentig para uso das policías locais, logo da realizada o ano pasado e da que resultaron beneficiarios 31 concellos galegos. En total, entre o 2021 e o 2022, a Xunta destinou 1,6M€ a unha iniciativa coa que se pretende colaborar na mellora do equipamento dos corpos policiais municipais e, ao mesmo tempo, renovar a súa flota móbil con vehículos máis eficientes e non contaminantes.

Os vehículos adquiridos mediante este sistema deberán ser coches patrulla tipo turismo ou todocamiño, adscritos ao servizo do corpo de policía local. As axudas van destinadas ás cotas mensuais que deba aboar o concello beneficiario polo renting do vehículo durante un período máximo de 48 meses. Financiarase ata un máximo do 75% do custo total, cun límite de 33.600 euros de subvención por concello.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan subscrito ou vaian subscribir un contrato de renting con data igual ou posterior ao 1 de xaneiro do 2022 e que, ademais, teñan remitido ao Consello de Contas a conta xeral do ano 2020.