Nova convocatoria do programa ‘Xuventude Crea’, a partir do 6 de xullo


Esta iniciativa trata de fomentar a creatividade da xuventude galega, facilitando a promoción e a difusión da súa obra. Nesta nova edición poderán participar, un ano máis, os mozos e mozas non profesionais con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no 2022. Serán un total de 14 as categorías nas que poderán inscribirse, que abranguen desde a creación de videoxogos, novela curta, cociña, teatro, artes plásticas, fotografías, música, poesía, videocreación, banda deseñada ata arte urbana, deseño de xoias, moda e danza moderna. Cada unha destas especialidades contará con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros; así como mencións de honra sen dotación económica.