Nova dimisión no Partido Popular de Ponteceso

Imaxe de arquivo dun pleno en Ponteceso_PP

  • Beatriz Martínez abandona a formación por motivos persoais

A edil do Partido Popular de Ponteceso, Beatriz Martínez, presentou este xoves a súa dimisión por motivos persoais. Así o asegurou o portavoz do partido na localidade, Daniel García Cotelo, quen agradeceu todo o traballo realizado pola popular. Con esta dimisión xa son seis as que se produciron na formación desde as eleccións municipais.

Martínez será substituída por Ana Veciño, de Langueirón. A nova concelleira, colaboradora activa da xestora local do Partido Popular no municipio, tomará posesión no próximo pleno ordinario.