Nova disputa entre o PP e o PSOE de Muxía polo imposto do lixo

PIXABAY

  • Os populares sinalan unha «subida encuberta» mentres que o goberno local afirma que se trata de corrixir situacións anómalas

Veciños do concello de Muxía recibiron nos últimos días cartas ordinarias onde se lles comunicaba que debían aboar o pago do imposto do lixo e da auga se a súa situación era «anómala» tal e como destacou o rexedor socialista, Iago Toba, despois de que o Partido Popular se mostrase descontento con esta «subida de impostos encuberta».

Segundo a portavoz popular, Sandra Viela, o executivo local deu de alta arredor de 200 novos recibos relacionados co imposto da recollida de lixo. «O que sucedeu é que se cruzaron os datos do suministro da auga provocando, por exemplo, que explotacións gandeiras que non xeran residuos dese tipo obrígueselles agora a pagar esa taxa e, con todo, si a explotación non ten auga non», explicou Vilela.

Con esta decisión, dixo Vilela, o goberno está a crear un «prexuízo entre o sector e está a castigar aos donos de pequenos alpendres ou garaxes que xa pagaban o servicio de lixo na súa vivenda e agora terán que facelo por duplicado», sen esquecerse dos veciños que facían «o propio nas súas vivendas e que agora tamén o farán pola comunidade de veciños á que pertencen».

Os populares aproveitaron tamén para incidir en que esta medida, baseada nunha lei que data do ano 1985, non se aplica en ningún outro municipio da comarca; unha circunstancia que, segundo Vilela, supón «unha subida de impostos “encuberta” para a xente e os negocios de Muxía nun momento no que o goberno local debería de procurar non incrementar a carga fiscal de deben soportar os veciños».

«Estamos a sufrir por culpa do Goberno Central a subida da luz, do gas e dos combustibles e agora, en Muxía, os veciños teñen que facer fronte a un novo imposto de 60 euros ao ano por decisión do alcalde», lamentou a voceira popular, quen lembrou que a súa formación propuxo hai tempo unha liña de axudas dirixida aos autónomos que foi rexeitada polo executivo municipal.

O PSOE NEGA A SUBIDA DE IMPOSTOS

Pola súa banda, o alcalde pronunciouse nas súas redes sociais alegando que «non se subiu, absolutamente, ningún imposto», facendo fincapé en que Muxía é un «dos municipios con menos impostos e impostos máis baixos». «O PP de Muxía está desesperado porque incluso estando na oposición, perde adeptos día a día e entonces intenta engañar para ver si pode sacar algún rédito electoral», sinalou o socialista.

Desde o goberno local explican que na localidade hai máis de 2.700 puntos de vivendas, explotacións e garaxes que cumpren coa ordenanza, aínda que pouco menos de 200 puntos se atopaban nunha situación irregular «ben por descoñecemento da situación ou tamén conscientemente». Por este motivo, o equipo de goberno decidiu actuar e «tratar a todo o mundo por igual».

Tanto o goberno local como o PP poñen a disposición dos veciños afectados os medios necesarios para explicarlles a situación dunha maneira pormenorizada.