Nova edición da Feira das Oportunidades en Carballo


O CCA de Carballo presentou a undécima edición da feira das oportunidades que se celebrará os días 9 e 10 de Marzo baixo unha carpa no entorno do Rego da Balsa.

Téxtil, tecnoloxía, calzado, complementos e automoción estarán representados na Feira, ademais dos postos de venda haberá actividades de animación e “moitas sorpresas”, segundo anuncia o CCA.

O Concelleiro de Promoción Económica Xosé Regueira acompañou aos membros do CCA na presentación e coincidiu en que a participación de 40 negocios “dá boa mostra do músculo do comercio local, que é quen de facerlle fronte ás grandes superficies e a Internet”. Xosé Regueira destacou que a Feira das Oportunidades está tan consolidada “que a xente achégase para pechar as compras da temporada”.