Nova edición da Feira do viño do Rosal, denominación de orixe Rías Baixas


O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), José Luís Cabarcos, presidiu a inauguración da XXIX Feira do Viño do Rosal, onde se puxo en valor a paixón e o traballo que levan a cabo diariamente os viticultores, que son os verdadeiros protagonistas da calidade destes viños. Un sector cunha forte vocación exportadora e cunhas dimensións económicas, territoriais e turísticas excepcionais. O viño do Rosal forma parte da Denominación de Orixe Rías Baixas, sendo esta unha das cinco subzonas que a conforman. No conxunto desta DO, o número de viticultores é de 5.131, dos cales 203 son da subzona do Rosal. En canto a superficie, o global deste selo de calidade ascende a 4094 hectáreas, das cales 535 son desta subzona, é dicir, o 13,1%.