Nova edición da Festa do Congro en Muxía

A Festa do Congro é a exaltación do produto máis típico de Muxía. Este 2019 celébrase a XXIII edición. Durante o Venres Santo realízanse actuacións musicais e de pasarúas pola vila, mentres que os visitantes e veciños poden degustar o peixe elaborado de diversas formas (empanada, caldeirada, á prancha). A cita terá lugar un ano máis no Paseo Marítimo a partir das 13:00 horas. Ademáis do 13 ao 21 de abril haberá unha mostra de pintura e artesanía local na mesma zona do Paseo Marítimo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha