Nova edición de Berocasión | Unha das feiras de vehículos máis importantes de Galicia

2 minutes read
  • A súa presentación oficial será o próximo martes día 24 ás 13:00 horas na praza do concello de Carballo.
  • Asistirán representantes de Axober, o alcalde de Carballo, o concelleiro de Promoción Económica e os propios concesionarios.

Para seguir nesa liña, Axober, en colaboración co Concello de Carballo e os concecionarios participantes volve a levar as rendas da organización dunha nova edición que terá lugar do 27 ao 29 de agosto, coincidindo co feirón e tamen co Merca e Dillo organizado polo Centro Comercial Aberto, da man de difentes tendas comerciais. Unhas actividades conxuntas que sen dúbida crearán unha senerxia importante de atracción de público e movemento comercial á capital de Bergantiños.

Promo Berocasión.

Esta edición, igual que o ano pasado, dada a actual crise sanitaria provocada pola COVID19, celebrarase no mesmo formato e será nos propios establecementos participantes na modalidade de portas abertas.
Este ano, continuando coa tendencia a alza das últimas edicións, contará con 13 participantes: Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault, , Rebalcars, Antamotor-Nissan, Corgal Automóviles KIA, Vilas Rama-Citroën, V-Car Hyundai, Juan Lema, Bercauto, Breogán Motor-Toyota, JGCar. Taller Cinco, Garvi Automóviles.
Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación… En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación.
Co desexo e a esperanza de que as boas cifras de vendas acadadas nas últimas edicións se repitan, e deste xeito poder paliar os efectos tan negativos da COVID-19 no sector, Berocasión arrincará o venres 27 de agosto nos establecementos participantes, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, durante toda a fin de semana será o lugar de referencia de todas as persoas que estean buscando un vehículo á súa medida.