Nova edición de ‘Eu quero Razo-Baldaio’

1 minutes read

O Concello de Carballo quere darlle continuidade ao proxecto “Eu quero Razo – Baldaio”, que pretende crear hábitos de turismo consciente no litoral da capital de Bergantiños. Para iso volverá a contar coa colaboración de entidades como Hábitat, Adega, Senda Nova ou Cemma, que promoven distintas accións de sustentabilidade na costa carballesa. Ademais desde o propio Concello tamén se propoñen unha serie de iniciativas que se indican no programa do proxecto. A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. Os grupos serán moi reducidos debido á sensibilidade da contorna e ao uso sustentable que queren promover na mesma. A grande maioría das accións realizaranse todos os mércores e sábados, ademais de algún domingo puntual. As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolverán as actividades.

Presentación do programa.