Nova edición de ‘Xogo Limpo’, programa de prevención deportiva da Asociación Vieiro

1 minutes read

Un ano máis a Asociación Vieiro puxo en marcha o programa de prevención deportiva que esta entidade realiza baixo o lema: «Xogo Limpo».

O vindeiro sábado 19 de marzo en colaboración co Club Ciclista Carballo, terá lugar no Auditorio da Biblioteca Municipal Rego da Balsa de Carballo en horario de 10:30 a 12:00 horas, un taller destinado aos deportistas dedicado ás novas tecnoloxías, centrándose máis polo miúdo nas máis utilizadas polos mozos e mozas: Internet e redes sociais, videoxogos, smathphone, xogos de azar (apostas e xogos en liña), etc. Tamén se proporcionarán pautas de actuación ante situacións conflitivas derivadas do mal uso das mesmas.Este taller será impartido pola psicóloga de Vieiro: Lara Periscal Taibo.

«Xogo Limpo» está planificado para levar a cabo a través de talleres distribuídos en diferentes fases nas que se inclúen:

– Sesións formativas para responsables dos clubs deportivos (directores/as, adestradores/as e persoal técnico) sobre pautas de actuación ante a detección de condutas adictivas.

– Talleres destinados e adaptados aos xogadores/as das diferentes categorías. Nos talleres, de 1,30 horas de duración aproximada, abórdanse as temáticas adaptadas a cada grupo de idade para potenciar os factores de protección fronte ás condutas de risco.

Nestas xornadas trátase a prevención do consumo de substancias, a potenciación de habilidades de resistencia á presión de grupo de iguais e os riscos asociados ao mal uso das novas tecnoloxías. Aqueles clubs que estean interesados en participar neste programa, totalmente gratuíto, pódense poñer en contacto coa Asociación Vieiro a través de:

– Teléfono 981.75.61.61,

– Correo electrónico vieiro@vieiro.org

– WhatsApp 604.07.58.15

Para determinar datas e horarios para a súa impartición.