Nova edición do festival de música «Feito a man»

O festival de música compostelán «Feito a man» sobrevive á pandemia e comeza unha nova edición. Con formato reducido, medidas de seguridade e bandas principalmente galegas, o máis variado da música resiste en Santiago para seguir sendo sinal de identidade do verán compostelán. Obríganos a estar sentados, separados, enmascarados. A pandemia mudou espazos, as máis das rúas, prazas e terrazas deixaron paso a un palco único: o cemiterio do parque de Bonaval. De aquí ao sábado haberá rock, funk, jazz, ou folk neste tan especial Feito a Man.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha