A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha neste ano 2023, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e mailo Concello de Zas, a 5ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e marzo, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).
A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://universidadesenior.org/costa-da-morte/ ) ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellos, dende o 6 ata o 19 de febreiro.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: ARTE E SOCIEDADE
MÓDULO II: CIENCIA E TECNOLOXÍA
MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR