Nova edición do programa de Democratización do Coñecemento para maiores de 50 anos en Zas


A Universidade Sénior da Coruña, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia e coa colaboración do GDR Costa da Morte e do Concello de Zas, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, que se desenvolverá nos meses de abril e maio, no Auditorio de Baio.

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse, dende o 12 ata o 22 de abril, de xeito on-line a través do espazos web respectivos:

• UDC Sénior Costa da Morte (https://udcseniorcostadamorte.wordpress.com/ ) ou presencialmente a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”.

O programa xira en torno ao Camiño de Santiago, e consta de tres palestras, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán as seguintes temáticas:

• “Santiago Apóstolo : Historia, Mito e Lenda”, a cargo do Prof. Alvaro J. Iglesias Maceiras 26 de abril, de 17 a 19 horas

• “A influencia provenzal na lingua e literatura a través do Camiño de Santiago” a cargo do Prof. Xoán López Viñas 3 de maio, de 17 a 19 horas

 • “O Camiño: Paisaxes, Pontes e Fontes”, a cargo do Prof. José Manuel Álvarez-Campana Gallo 10 de maio 17 a 19 horas