Nova edición do proxecto de emprendemento escolar impulsado pola Deputación

Foto.- Cedida.

Os IES A Sardiñeira da Coruña, As Mariñas de Betanzos e Moncho Valcarce das Pontes e o CPI O Cruce de Cerceda participarán neste programa co asesoramento de distintas entidades empresariais da provincia.

Alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO dos IES A Sardiñeira da Coruña (coa colaboración da Asociación de Empresarios de Agrela), IES As Mariñas de Betanzos (coa colaboración dos empresarios de Bergondo), IES Moncho Valcarce das Pontes (coa colaboración da Asociación empresarial SEARA) e o CPI O Cruce de Cerceda (coa colaboración da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón) participarán de novo neste programa, que ten como obxectivo «potenciar a cultura emprendedora entre a mocidade, dándolles a oportunidade de aprender a pór en marcha e xestionar unha idea de negocio desde o seu inicio», segundo explicou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha