Este sábado tivo lugar unha nova edición do Rali de A Coruña, un total de 9 tramos entre Aranga, Cerceda, Culleredo e Arteixo. O vixente campión, Iván Ares, non participaba este ano tras vender o seu Hyundai e esperando a que chegue o seu novo coche. Senra, Meira e Caamaño eran os grandes favoritos.
Ao final o piloto de Dumbría, Victor Senra, fixo un final de carreira espectacular, logrou a vitoria por só unha décima de diferenza na clasificación xeral, desbancando así do podio ao seu contrincante Iago Caamaño.