Nova edición do Salón VO Vehículo de Ocasión, en Amio, Santiago de Compostela

Desde este xoves 19 ata o domingo 22 de outubro o Recinto Feiral de Amio, en Santiago de Compostela, acollerá a 12.º edición do Salón VO Vehículo de Ocasión.
Unha gran oferta de máis de 25 concesionarios e compravendas. Máis de 800 coches e motos con grandes descontos especiais para este evento. 17.000m2 de exposición onde, como sempre, atopará o seu coche ideal e de entrega inmediata.
KM0, seminovos (coches con menos de 4 anos) e segunda man. Todos con garantía e totalmente revisados.
Haberá modelos de prácticamente todas as marcas de coches, Audi, Seat, Volvo, Toyota, Peugeot, Cupra, Skoda, Fiat, Jeep, Hyundai, Honda, Citroen, Opel, MG, Subaru, Mitsubishi… Tamén dispoñerán de concesionarios de motocicletas, Honda, Kawasaki, Piaggio, Aprilia, Vespa, Sym, Ktm, Husqvarna, Zontes etc… Polo que poderemos ver unha gran variedade de motos das marcas máis punteiras do mercado.

Tamén estarán presentes as últimas novidades en vehículos de gama ECO, Eléctricos, híbridos e híbridos enchufables que cada vez teñen máis importancia no sector. A variedade no Salón VO tanto de modelos como de prezos sempre é xigante. Haberá vehículos desde os 5.000€ ata os 70.000€. Tanto compactos, berlinas como os tan demandados Sub, que continúan gañando terreo nas vendas e nos deseños dos fabricantes.
A gran vantaxe da que dispón este evento, é que se pode realizar unha comparativa en horas que levaría semanas ou meses para poder visitar aos máis de 25 concesionarios participantes. Máis de 800 unidades poderán verse nun mesmo espazo. Unha gran oportunidade para cambiar de coche aproveitando a rebaixa de prezos moi por baixo do habitual.

O horario do evento, organizado por Dolecer Eventos, é de 10:00h a 20:00h o xoves 19, venres 20, sábado 21 e domingo 22 de outubro. Custo da entrada 3€. Nenos de ata 12 anos gratis.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha