Nova edición do Verán Cultural en Carballo

1 minutes read

Este mércores tivo lugar a presentación dunha nova edición do Verán Cultural no Pazo da Cultura de Carballo. A programación foi explicada en rolda de prensa polo concelleiro de Cultura e Deporte Marcos Trigo, o alcalde Evencio Ferrero e o presidente da Fundación Luis Calvo Sanz, Luciano Calvo Pumpido.

Marcos Trigo dixo estar ante “a mellor oferta cultural do verán da comarca”, orientada a públicos de diferentes idades, gustos e intereses, sempre de balde e, ademais, en diversos espazos ao aire libre do noso concello.

Treixadura, Chicharrón, A Gramola Gominola, Sés, Orquesta Garufa Blue Devils Big Band & Sito Sedes e Son de Seu interpretarán a banda sonora do Verán Cultural.

Cabe destacar unha das actuacións estrela como será a Garufa Blue Devils Big Band que actuará na praza do concello o día 9 de agosto. Luciano Calvo destacou a profesionalidade e posta en escea desta formación, con músicos cualificados de muy alto nivel.

Tras a intervención de Marcos Trigo falaron Luciano Calvo e Evencio Ferrero.
Garufa Blue Devils Big Band & Sito Sedes