37
O Servizo Municipal de Deportes de Arteixo presenta os Cursos De Verán Municipais de Surf 2020, co fin de promover hábitos de vida saudables na poboación infantil do Concello, así como a mellora da condición física e busca de hábitos de vida saudables a través da actividade física e do deporte, promover relacións sociais entre os participantes das actividades, mediante a integración no grupo e a ocupación do tempo de lecer, aprender os fundamentos deportivos básicos do surf e promover especialmente os aspectos educativos e de formación do deporte. O prazo de inscrición está aberto ata o día 18 de xuño.