Nova edición en Camariñas de ‘O Mar na Escola’

1 minutes read

Esta iniciativa do Concello de Camariñas, que naceu hai 19 anos, pretende que os rapaces e rapazas que estudan no municipio accedan ao mundo marítimo a través de deportes náuticos e tamén alcancen unha concienciación de respecto co valor natural do mar.

O programa está destinado aos alumnos de 5º e 6º de Primaria dos colexios CEIP O Areal de Camariñas e CEIP Ponte do Porto, e de 1ºEso do IES Pedra da Aguia. En concreto, nesta edición participan 92 alumnos, que xa probaron deportes como a vela ou o kayak desde que a iniciativa comezou, o luns 13 de marzo.

En total, esta edición conta con cinco clases por curso a desenvolver os luns e os venres en horario escolar nas instalacións do Náutico de Camariñas. A iniciativa é desenvolvida pola empresa UbuntuLife.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?